ROLDA DE PRENSA. PRESENTACIÓN ALT.14

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O Concello colabora na celebración do ALT14, o Festival Alternativo de Artes Escénicas

Carmela Silva e Cayetano Rodríguez presentaron xunto a Lola Correa, directora artística do Festival, a décimo terceira edición do Festival, que se celebrará do 13 ao 16 de marzo en distintos espazos municipais. O Concello colabora co ALT desde o seu inicio hai trece anos.

A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, salientaron este venres a calidade dun certame único en Galicia que continúa a celebrarse pese a unha crise económica que está a conlevar a supresión de numerosos festivais de artes escénicas, segundo apuntou Correa. O Concello de Vigo, colaborador desde o inicio do ALT, permanecerá no respaldo deste evento en próximos anos, tal e como avanzaron Silva e Rodríguez.

O Festival Alternativo das Artes Escénicas ALT’14 que terá lugar do 13 ao 16 de marzo en distintos espazos de xestión municipal: o Auditorio municipal do Concello, Casa das Artes e o salón de actos do MARCO. O festival está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro e cumpre trece anos dende o seu nacemento, contando co aopio municipal de forma ininterrumpida.

O programa do ALT’14 contará coa participación de artistas galegos, así como de Cataluña, Francia, Portugal, Brasil, Alemaña, Suiza ou Bélxica. Moitas das actuacións serán estreas absolutas ou ben a nivel Galicia, caso do primeiro espectáculo (xoves 13, 19:00 h en Casa das Artes) da galega Ana Vallés con “Teatro invisible”.

O festival rematará o ciclo comezado no ano anterior co ALTprocrea en feminino, coa presenza de Mercé de Rande, e comezará un novo con Helen Bertels (programa doble en Casa das Artes, o domingo 16 a partir das 17:30 h).

Os prezos das entradas para cada espectáculo será de 5€, podendo adquirirse nos propios espazos dende 30 minutos antes do comezo de cada función, ou ben reservarse telefónicamente no 666 990 403.

– Programa [/medi/xornal/noticias/doc/1394196765PorgramaALT14.pdf].

© Gabinete de Prensa – Concello de Vigo 2002

Advertisements